Comezamos a viaxe… e hai algo raro

Publicado por jconde o

Despois do grande traballo de planificación comezamos a viaxe, pero hai algo que sorprende a un dos nosos amigos….

Un dos nosos compañeiros de viaxe observa que na ruta hai moito monte con eucaliptos, e nos pergunta: Por que hai tanto eucalipto en Galicia? O eucalipto non é unha árbore australiana?

Pois efectivamente. A introdución do eucalipto en Galicia está ligado á introdución da industria papeleira a principios do século XX. A súa rápida expansión e o seu uso intensivo, produciuse durante as décadas de 1940 e 1950, cando foi promovido como unha especie forestal rendible e de rápido crecemento, especialmente nas zonas costeiras, debido á súa resistencia ás condicións climáticas e ao seu elevado rendemento en madeira.

En base á actividade anterior, define coas túas propias palabras o concepto de ecosistema e a importancia da súa preservación. Fiando coa resposta á anterior pregunta, crees que o cultivo masivo de eucaliptos é beneficioso para a preservación dos ecosistemas galegos? Nas ligazóns atoparas argumentos que defenden diferentes posturas, en base a estas opinións elabora a túa posición sobre o tema.

Recursos – Información sobre o eucalipto en Galicia:

https://www.elconfidencial.com/medioambiente/naturaleza/2021-08-05/eucalipto-galicia-moratoria-planta/

https://es.greenpeace.org/es/sala-de-prensa/comunicados/la-moratoria-al-eucalipto-en-galicia-debe-extenderse-al-resto-de-comunidades-autonomas-del-norte-de-espana/

http://clustermadeira.com/wp-content/uploads/2017/01/Informe-eucalipto-Galicia_ES.pdf

Categorías: EtapasWebQuest

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario