Elixindo o mes para a visita

Publicado por jconde o

Temos que responder a unha cuestión fundamental: cal será o mes mais apropiado para facer a nosa viaxe pola ruta elixida?

Nesta segunda actividade, decidiremos cal é o mes mais apropiado para que nos visiten as nosas amizades. Non queremos que aterezan co frio, que se torren coa calor, nin que se mollen coma pitos… E como podemos nós facer previsións meteorolóxicas?

Para facer previsións meteorolóxicas, é necesario entender que o clima é unha combinación dos patróns meteorolóxicos que se repiten ao longo do tempo. Polo tanto, é posible utilizar os datos dos anos anteriores para identificar patróns e prever o tempo que podemos esperar nun momento dado. Por exemplo, se observamos que nos últimos anos choveu moito durante a mesma semana ou mes, podemos prever que este ano tamén haberá moita chuvia nese período. Da mesma maneira, se observamos que nas últimas semanas de agosto sempre hai unha temperatura media de 25 graos, podemos prever que este ano tamén teremos esa temperatura durante ese período.

Para facer estas previsións, precisamos obter datos meteorolóxicos dos anos anteriores. Estes datos poden ser proporcionados por institucións meteorolóxicas locais ou nacionais, ou incluso podemos atopalos en liña. Unha vez que temos os datos dos anos anteriores, debemos analizalos e buscar patróns. Podemos facelo mediante o uso de gráficos ou táboas, onde representamos as temperaturas, a cantidade de choiva ou outras variables meteorolóxicas durante períodos específicos de tempo.

Recursos para as previsións meteorolóxicas:

https://www.meteogalicia.gal/web/formacion/expo2.action?request_locale=es (Climas de Galicia)

https://www.meteogalicia.gal/observacion/estacions/boletins.action (Histórico de temperaturas e precipitacións)

https://www.meteogalicia.gal/observacion/informesclima/informesIndex.action?request_locale=gl (Informes meteorolóxicos mensuais)

Categorías: EtapasWebQuest

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario