Caza do tesouro: Somos guías do Camiño de Santiago
A nosa familia ten que viaxar moito por traballo… este verán (aínda que era inverno no hemisferio sur!!) tocou estar no Paraná. Despois de estar tres meses no Brasil e coñecer a moita xente nova, os nosos compañeiros e compañeiras do Brasil veñen de visita a Galicia. Para que poidan ver o fermoso que é o noso pais, e como a todos e todas lles gusta moito a natureza, pensamos que a mellor opción para desfrutar da visita sería facer o Camiño de Santiago.
Con esta aventura, ademais de desfrutar das nosas amizades, tentaremos descubrir a riqueza dos ecosistemas galegos e a gran variedade de especies vexetais que viven neles. Será unha viaxe idílica ou teremos algunha sorpresa? Vamos a descubrilo!
0 comentarios